jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Turismo de Santiago participa na Jata Online Travel Mart para os mercados asiáticos

Turismo de Santiago participa na Jata Online Travel Mart para os mercados asiáticos
Turismo de Santiago participa na Jata Online Travel Mart para os mercados asiáticos

A entidade de promoción turística municipal traballa na promoción da cidade de cara ao Ano Santo adaptándose aos novos formatos consecuencia da COVID-19.

Do 31 de agosto ao 2 de setembro, Turismo de Santiago participará virtualmente na edición da Jata, Jata Online Travel Mart, a principal feira turística do mercado xaponés, que este ano se celebrará en formato electrónico pola crise sanitaria xerada polo Covid-19.

A feira está organizada pola Asociación Xaponesa de Axencias de Viaxes. Turismo de Santiago acude anualmente ao evento presencial xa que se trata dun espazo moi importante para a promoción turística da cidade no mercado xaponés así como noutros mercados asiáticos relevantes, como o coreano.

Neste 2020, a entidade de promoción turística municipal participará igualmente no evento co obxectivo de posicionar a cidade como destino seguro e atractivo unha vez se supere a crise sanitaria e se recupere a normalidade nos movementos.

Neste sentido, cabe destacar o interese amosado polos compradores xaponeses que están comezando a programar para o 2021 con miras ao Ano Santo e están xa solicitando contactos de provedores locais.
Este interese do mercado xaponés por Santiago demóstrase co feito de que a axenda de reunións está xa completa os tres días de feira, con 24 reunións previstas con turoperadores e axencias de viaxes que comercializan viaxes a España ofrecendo turismo cultural, gastronómico, de natureza e aventuras.

A feira online celebrarase na hora xaponesa, sete horas de diferencia coa hora local. As reunións de Turismo de Santiago farase na última franxa horaria do evento, que coincide de 08.00 a 12.00 do horario español.

A participación nesta feita virtual para os mercados asiáticos súmase á recente participación na City Fair, unha feira virtual con reunión virtuais con compradores europeos e de longa distancia. Dende Turismo de Santiago fíxose fincapé sobre todo na celebración do vindeiro Ano Santo.

Os profesionais cos que se mantiveron as reunión eran emisores de turismo cultural e gastronómico e durante os encontros houbo ocasión de facerlles unha presentación do destino e comentarlles as medidas que se están tomando para asegurar un destino seguro "Preparados Covid". Amosaron interese polos destinos non masificados e confirmaron que xa están programando viaxes para o vindeiro ano 2021. 

Comentarios
Lo más