jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Continúa o tempo gris en Compostela

Continúa o tempo gris en Compostela
Continúa o tempo gris en Compostela

A tempertatura en Santiago oscilará entre os 14 e os 21 graos

Durante o venres agárdase unha situación de inestabilidade atmosférica, por aire frío en capas altas. Deste xeito os ceos presentarán intervalos de nubes e claros, con chuvascos que serán máis probables canto máis ó norte e xa máis xeneralizados pola noite. As temperaturas sufrirán un moderado descenso en xeral, pero máis acusado (notable) nas máximas no interior. Os ventos soprarán do noroeste, frouxos con intervalos de moderado.

En Compostela, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días, aínda que ocasionalmente tornarán pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o xoves pola noite e do venres pola tarde ó sábado pola mañá. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en descenso notable e máximas en descenso lixeiro, a pesar de que oscilarán.

Comentarios
Lo más