Baixan as temperaturas e chega a chuvia
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 18 e os 24 graos
Unha fronte pouco activa irase achegando a Galicia durante este día e comezará a atravesar a Comunidade cara a noite. Así, agárdanse ceos cubertos na metade oeste, con posibilidade dalgunha chuvia feble e ocasional e con apertura de claros na metade leste. Xa pola noite teremos chuvias ocasionais na provincia de Ourense, pero xeneralizadas no resto. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará do suroeste durante o día, rolando a noroeste pola noite, frouxos en xeral, moderados no litoral norte.
En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o xoves pola noite e o venres. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente aínda que oscilarán e máximas que descenderán notablemente.