jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Preto de 60 persoas asistiron á segunda sesión do congreso público A ASTRONOMÍA nas RUTAS XACOBEAS celebrada no Pico Sacro

Preto de 60 persoas acudiron onte ao cumio do Pico Sacro para participar na segunda sesión do congreso público A ASTRONOMÍA nas RUTAS XACOBEAS.

 Estainiciativa está promovida polo Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller da Universidade de Santiago de Compostela (USC) co cofinaciamento da Axencia de Turismo de Galicia, Xacobeo 2021 e en colaboración co Concello de Boqueixón.

Logo de dous aprazamentos, as condicións meteorolóxicas deron unha tregua a este programa. Así, o director do observatorio astronómico, José Ángel Docobo, foi o encargado de dirixir unha completa sesión que constou de dúas partes. A primeira delas, de carácter máis teórico, comprendeu unha breve explicación sobre as distintas constelacións, estrelas e planetas que se poden ver nesta época do ano. A segunda, xa máis práctica, estivo centrada na propia observación astronómica. As persoas asistentes puideron ver Xúpiter e os seus satélites e tamén Saturno.

A actividade causou grande interese entre as persoas participantes. O Congreso Público A ASTRONOMÍA nas RUTAS XACOBEAS continúa a súa andaina por outros municipios da contorna con sesións de observación astronómica.

Comentarios
Lo más