Calor como preludio da chuvia
08:00 26/08/20
08:00 26/08/20
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 18 e os 29 graos
Unha nova fronte pouco activa rozará o norte de Galicia. Con esta situación, agárdanse nubes baixas, mesmo con posibilidade de precipitacións febles no noroeste e brétemas no litoral pola mañá, tendendo á progresiva apertura de claros durante a xornada. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.
En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente moi anubrados. Haberá precipitacións o xoves pola noite e o venres. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios aínda que oscilarán e máximas que descenderán lixeiramente.