Instan ao Concello a previr o problema das festas nos pisos ante o próximo inicio do curso universitario
Os Populares entenden que hai que alentar o sentido da responsabilidade e da solidariedade dos estudantes e procurar que os encontros nos pisos non se convertan nun factor de risco
O Grupo Municipal Popular insta ao Concello de Santiago a previr o problema das festas nos pisos ante o próximo inicio do curso universitario, unha abordaxe na que, a xuízo dos Populares, deben participar tamén a Universidade de Santiago de Compostela (USC), as autoridades sanitarias e os distintos corpos de policía.
O Grupo Popular confían no sentido da responsabilidade e da solidariedade dos universitarios, pero entenden que tal sentido ten que ser alentado pola Administración Pública, explicando coa maior pedagoxía e persuasión posible as razóns das actuais recomendacións que desaconsellan as reunións privadas que congreguen a persoas que non forman parte do núcleo de convivencia estable, máxime si esas reunións se producen en contextos nos que é máis doado que se relaxen os mecanismos de control propio ou de control institucional.
Así mesmo, e no suposto de que as actuais recomendacións se transformasen en indicacións de obrigada observancia, os Populares entenden que a Administración Pública ten que estar en condicións de asegurar o seu cumprimento. E por iso polo que o Grupo Popular insta ao Concello a anticiparse á emerxencia do problema das festas nos pisos.
Sancións
En todo caso, e con independencia de que as cautelas establecidas pola administración sanitaria sexan meras recomendacións ou sexan normas de obrigado cumprimento, as festas universitarias en pisos, no caso de producir ruídos durante a noite, son susceptibles de ser sancionadas cunha multa de 200 euros polo que supoñen de menoscabo do dereito ao descanso dos veciños e de infracción da Ordenanza de Ruídos. Estas festas constitúen unha práctica recorrente que todos os anos mobilizan en centos de ocasións á Policía