Denuncian que o comedor do CEIP A Maía non estará listo ao iniciarse o curso
Dende o PP de Ames apuntan que o principal problema radica "na incapacidade do alcalde socialista en rematar o novo comedor escolar (competencia exclusiva do concello) e na consecuente carencia dun protocolo de actuación"
O PP de Ames denuncia nun comunicado o prblema que suporá para o inicio do curso escolar no Concello que as obra para contruir o comedor do CeIP a Maía acumulen meses de retraso.
Os populares denuncian que "non hai protocolo municipal de actuación ante a seria problemática que afronta este servizo tanto para o alumnado como para os traballadores e non hai un plan alternativo coñecido". Por este motivo solicitaron información sobre o expediente da obra.
David Santomil, edil de Educación, confirmou que a Xunta de Goberno deu á empresa un último plazo legal para terminar a obra a finales de setembro.