Domingo soleado e con boas temperaturas
08:00 23/08/20
08:00 23/08/20
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 26 graos
O domingo quedaremos baixo a influencia das altas presións e con circulación do nordés. Agárdase así unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados, con néboas matinais en puntos do interior. As temperaturas ascenderán lixeiramente, sobre todo no sur. Os ventos soprarán de compoñente norte frouxos, con intervalos de moderado no litoral.
En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios.