miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Solicitan ao Goberno local que revise a decisión de situar un radar na SC-20, en Conxo

Solicitan ao Goberno local que revise a decisión de situar un radar na SC-20, en Conxo
Solicitan ao Goberno local que revise a decisión de situar un radar na SC-20, en Conxo

Os Populares lembran que o exame do expediente apunta a que o emprazamento en Conxo foi elixido pola mesma empresa que cobra en función do número de condutores sancionados e non semella que fose elixido pola Policía Local, tras unha análise da perigosidade doutras moitas vías

Recoñecendo nos radares un instrumentos útiles para mellorar a seguridade viaria, o Grupo Municipal Popular solicitaralle ao Goberno local que revise a decisión de situar un radar na SC-20, en Conxo, consideradas as críticas que suscita e toda vez que o exame do expediente apunta a que tal emprazamento foi elexido pola mesma empresa que cobra en función do número de condutores sancionados e que non semella que fose elixido pola Policía Local, tras unha análise da perigosidade de moitas outras vías.

De feito, as datas dalgúns escritos contidos no expediente “resultan chamativas e ata contraditorias”, a xuízo dos Populares. Así, o informe da Policía Local no que se di -sen moita resolución- que “se podería ter en conta a súa localización” na SC-20 en Conxo é un informe do 29 de xullo, moi posterior a existencia dun informe de posibles localizacións ao que alude a empresa tempo antes, o 10 de xuño, informe este último que nunca se atopou no expediente.

“Existen serios indicios de que a localización do radar en Conxo fora escollida por unha empresa antes xa de recabar o parecer da Policía; unha empresa cuxa preocupación é a recadación e non a seguridade”, advirten o Grupo Municipal Popular, que así mesmo indican que pode haber no termo municipal de Santiago vías -ben controladas polo Concello ou ben controladas pola DGT (coa que se podería conveniar a cesión do radar)- onde a perigosidade polas velocidades excesivas sexa maior que a advertida en Conxo, aínda circulando un menor número de vehículos, e iso debido as condicións da calzada, a razóns e xeografía humana e de cruce de peóns, etc, e onde, polo tanto, o radar pode resultar máis necesario aínda que se recade menos.

Información

O Grupo Municipal, ademáis de volver a reclamar o desaparecido informe de 10 de xullo ao que alude a empresa, solicitaralle ao goberno local información que revele o verdadeiro alcance recadador do radar de Conxo. Asi, consideran necesario comparar o número de días nos que o radar estivo instalado en O Restollal e os días nos que estivo instalado en Conxo, así como coñecer o número de residentes en Santiago ou na contorna que resultaron sancionados.

Comentarios
Lo más