Día de nubes en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 21 graos
Logo do paso da fronte durante a noite, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros en xeral, con menos nubes no extremo norte de Galicia, e con chuvias ao sueste máis persistentes pola mañá. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso en xeral. Os ventos soprarán do suroeste, moderados, con intervalos fortes entre Bares e a Costa da Morte.
En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o venres pola mañá. As temperaturas serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso lixeiro e máximas en ascenso moderado.