A alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, participou na ofrenda a Ánxel Casal
06:30 20/08/20
06:30 20/08/20
Ofrenda floral dos concellos de Santiago e Teo a Ánxel Casal no 84 aniversario do seu fusilamento polo franquismo
No acto estiveron presentes as alcaldesas en funcións de Compostela,Mercedes Rosón, e de Teo, Uxía Lemus; así como as concelleiras teenses de Cultura, Mayte Argibay, e de Turismo, Iria Otero.
Ánxel Casal, alcalde de Santiago nos últimos meses da II República e referencia galeguista, foi asasinado o 19 de agosto de 1936. Pola tarde estaba prevista unha homenaxe no lugar de Montouto onde apareceu o seu corpo, pero suspendeuse ante a previsión de fortes choivas.