jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A chuvia da unhas horas de tregua en Compostela

A chuvia da unhas horas de tregua en Compostela
A chuvia da unhas horas de tregua en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 17 e os 21 graos

O mércores Galicia queda nunha situación intermedia entre altas e baixas presións á espera dunha nova fronte que chegará ao final do día. Así, os ceos estarán pouco anubrados ou desoexados en xeral, agás no oeste da provincia da Coruña, onde predominarán as nubes baixas mesmo con algunha chuvia. Cara á noite chegará unha fronte fría pola franxa atlántica, que deixará chuvias en toda a Comunidade, aínda que o paso será rápido e pouca chuvia quedará xa pasada a madrugada. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso no interior, quedando sen cambios no resto; as máximas ascenderán especialmente no norte e leste. O vento soprará forte do sur.

En Santiago prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas. Haberá precipitacións o  mércores pola noite e o venres pola noite. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios. Vento forte do Sur o mércores pola tarde.

Comentarios
Lo más