O espectáculo de danza 'Opp' de Lara Munín trasládase ao Teatro Principal a causa da choiva
13:00 17/08/20
13:00 17/08/20
Hoxe ás 20 horas
O espectáculo de danza 'Opp' de Lara Munín trasládase ao Teatro Principal a causa da choiva. Será hoxe ás 20h, a mesma hora á que estaba previsto.
Que ocorrería se o único que se pode mover con absoluta consciencia e control son as pernas? A través da investigación desta idea, desenvolvín unha calidade persoal de movemento. Opp fala da dualidade, da existencia de antónimos, da búsqueda do acordo para o avance; pero tamén de moitas outras cousas porque o seu diálogo interno invita a audiencia a crear a súa propia historia e facer as súas propias conexións.