jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Desde hoxe o viño será protagonista en Santiago

Desde hoxe o viño será protagonista en Santiago
Desde hoxe o viño será protagonista en Santiago

Este luns comeza o ‘Vai de Viños Compostela’ e haberá ruadas e sorteo de agasallos para aqueles que percorran a ruta de locais

Este luns, 17 de agosto, arranca a primeira quenda do ‘Vai de Viños Compostela’, unha actividade incluída dentro do programa Compostela en Marcha, que organiza a Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela, en colaboración co Concello de Santiago.

A dinámica consiste en rutas por distintas rúas de Santiago visitando os locais participantes e degustando un viño galego. Esta primeira quincena, que se desenvolverá polo Distrito Altamira e rúas lindeiras, está patrocinada pola adega Lagar de Costa e contará con distintas ruadas.

Os locais participantes son Frebas, Amoado, A Ostrería, Café de Altamira, A Sucursal de Moha, Casa Pepe, Taberna do Tarela, Casa Felisa, Mesón da Troia, Botafumeiro, Forest, Damajuana, Gramola, Filandón, Cervantes, Alvaroque, Fuco Lois, La Quintana, Garigolo, Xuntanza, Benboa, Milongas e Os Croques.

Os clientes poderán optar a varios agasallos cubrindo as papeletas que facilitarán os locais participantes. Con 5 selos entrarase no sorteo dunha viaxe ás adegas patrocinadoras e con 10 selos, ademais de entrar no sorteo, recibirase un agasallo directo de Aceites Abril.

Comentarios
Lo más