Máis chuvia para o domingo
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 20 graos
Galicia continúa na influencia dun centro de baixas presións situado no Cantábrico. Así, predominarán as nubes baixas, con orballos durante a mañá na metade oeste e pola tarde os ceos quedarán parcialmente cubertos con chuvascos máis probables na metade norte da Comunidade. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo do sudoeste, aumentando a moderado á tarde, con intervalos fortes nos arredores de Bares.
En Compostela agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o domingo e o luns. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado.