jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Sábado gris e de chuvia

Sábado gris e de chuvia
Sábado gris e de chuvia

A temperatura en Santiago oscilará entre os 14 e os 21 graos

A situación meteorolóxica desta xornada continuará sendo moi indefinida xa que as altas presións atoparanse retiradas ao oeste de Azores e unha zona de baixas presións situarase ao norte da península Ibérica. Deste xeito agardamos un día de ceos máis anubrados no oeste, con chuvias intermitentes, e ceos máis abertos no leste, con chuvascos ocasionais pola tarde nas áreas de montaña. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, e as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur, aumentando a moderados pola tarde, e no litoral, moderados con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.

En Santiago prevense ceos moi anubrados nas próximas datas, ocasionalmente con nubes e claros. Haberá precipitacións o sábado, o domingo e o luns. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que descenderán moderadamente.

Comentarios
Lo más