jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Venres de preambulo a unha fin de semana con chuvia

Venres de preambulo a unha fin de semana con chuvia
Venres de preambulo a unha fin de semana con chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 22 graos

O venres Galicia queda baixo a influencia das altas presións, con réxime de ventos de compoñente oeste que achegarán humidade. Así, comezaremos o día con néboas e nubes baixas que irán desaparecendo para quedar cunha tarde de grandes claros, con áreas completamente despexadas. Na franxa atlántica formaranse brétemas costeiras. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións o sábado e o domingo. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán lixeiramente.

Comentarios
Lo más