jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Chuvia e baixada de temperaturas en Compostela

Chuvia e baixada de temperaturas en Compostela
Chuvia e baixada de temperaturas en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 18 e os 20 graos

A formación dunha borrasca no Cantábrico afectará a Galicia durante o mércores, deixando unha xornada de chuvias localmente fortes. Así, os ceos estarán cubertos pola mañá, con chuvias probables en calquera punto, máis intensas no terzo norte, especialmente na Mariña de Lugo e comarca de Ortegal. A partir do mediodía as chuvias iranse retirando e xa non se agardan na metade oeste, mentres que no leste seguirán os chuvascos ata a noite. As temperaturas descenderán, especialmente as máximas. O vento soprará moderado de compoñente norte, con intervalos fortes arredor de Bares e no litoral de Lugo.

En Compostela, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados. Agárdanse precipitacións o martes e o mércores. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en descenso moderado.

Comentarios
Lo más