Compostela busca ás mulleres da súa historia
Así o anunciou Compostela Cultura no seu twitter
Unha iniciativa cultural e feminista lanzou unha mensaxe para buscar os rostros das mulleres de Compostela anteriores a 1950. Desde Compostela Cultura así o anunciaban nun tweet:
No teu álbum familiar hai fotos de mulleres, anteriores a 1950? Envíanolas, xunto cunha pequena biografía, para ser parte dunha intervención artística na rúa! Queremos visibilizar os rostros das compostelás que teceron a nosa historia. Axúdanos a difundir!
Buscan imaxes de mulleres compostelá antereiores á década de 1950 para feminizar o rueiro de Santiago nunha intervención artística enmarcada no Festival C. As fotografías, preferiblemente escaneadas, deberán enviarse xunto cunha pequena biografía da persoa retratada a 7hcoop@7hcoop.gal