jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Os termómetros seguen subindo en Compostela

Os termómetros seguen subindo en Compostela
Os termómetros seguen subindo en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 31 graos

Non se agardan cambios significativos para o mércores, con Galicia na influencia das altas presións. Así, os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados en xeral, con algunhas brétemas costeiras. As temperaturas quedarán sen cambios ou con lixeiros ascensos, agas nas Rías Baixas onde descenderán pola entrada de brétemas. O vento soprará frouxo de compoñente norte.

En Compostela, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Haberá néboas matinais o mércores. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas en ascenso moderado.



Comentarios
Lo más