jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Volve a calor a Compostela

Volve a calor a Compostela
Volve a calor a Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 29 graos

Refórzase a influencia anticiclónica sobre Galicia, con entrada de aire algo máis cálido. Así, comezaremos o día con intervalos de nubes baixas no terzo norte e néboas no interior, que darán paso a unha xornada de ceos pouco anubrados ou despexados en xeral. As temperaturas ascenderán, especialmente as máximas na metade sur. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso pola tarde nas Rías Baixas.

En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados, ocasionalmente moi anubrados. Haberá néboas matinais o mércores. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán moderadamente e máximas que ascenderán notablemente.



Comentarios
Lo más