A semana comeza sen cambios en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 25 graos
O luns Galicia mantense na influencia do anticiclón dos Azores, coa entrada dunha fronte moi pouco activa polo litoral. Así, os ceos permanecerán parcialmente cubertos en toda a franxa costeira, con posibilidade dalgunha chuvia feble e ocasional na metade norte, mentres que cara ao interior a xornada será seca e con intervalos de nubes de tipo alto. As temperaturas non experimentarán cambios significativos, con lixeiros descensos das máximas na franxa atlántica. O vento comezará o día frouxo de compoñente sur e irá virando a compoñente norte.
En Compostela, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Haberá néboas matinais o mércores. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro e máximas en ascenso moderado.