jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Semana de obras e modificacións de tráfico na cidade

Semana de obras e modificacións de tráfico na cidade
Semana de obras e modificacións de tráfico na cidade

Realizaránse traballos de conservación, mantemento e reparación de pavimentos

Do 3 ao 7 de agosto levaranse a cabo traballos de conservación, mantemento e reparación de pavimentos en varias rúas da cidade. Nesta semana, os traballos executaranse en horario diurno e afectarán ás seguintes rúas:

- Luns 3 e martes 4: as obras afectarán ao cruzamento das rúas de Camiños de Vida e Melide, e á rúa de San Caetano. Nestes dous puntos a circulación será con paso alternativo. 

Tamén a partir do luns 3 de agosto e durante dúas semanas pecharase ao tráfico a rúa da Fervenza. Haberá un desvío provisional por dentro das instalacións do Psiquiátrico de Conxo cos extremos na entrada ao Centro de Saúde de Conxo (rúa Ramón Baltar) e no campo de fútbol de Conxo.

- Martes 4 e mércores 5:

na rúa Lisboa: executaranse en varios puntos ocupando parte dos carrís, dando paso alternativo á circulación.

Na rúa Madrid: estas obras conlevan o corte á circulación desta vía. Quedará cortada os dous días no tramo comprendido entre as rúas Praga e Bruxelas. As liñas de bus urbano afectadas desviaranse pola rúa de París.

Os desvíos dos buses poden consultarse aquí:

http://www.tussa.org/web/actualidade/nova.php?id=696&lg=gal

- Mércores 5 e xoves 6:

rúa Santiago León de Caracas: nestes dous días esta rúa tamén quedará cortada ao tráfico dende as 8,30 ata as 12,00 horas. As liñas de bus desviaranse cara á rúa do Hórreo no horario referido.

Os desvíos dos buses poden consultarse aquí:

http://www.tussa.org/web/actualidade/nova.php?id=696&lg=gal

rúa do Restollal, afectando a un dos carrís da rotonda inferior.

rúa de Romero Donallo: aquí os traballos afectan a un carril do comezo da avenida dende Rosalía de Castro. Tamén afectan ao túnel que enlaza coa avenida do Mestre Mateo, que quedará cortado ao tráfico.

- Xoves 6 e venres 7: afectarán ás rúas da Ponte do Romaño e Avío. Repercutirán nun dos dous carrís, dando paso alternativo.

Xa para a semana do 10 de agosto, e en horario nocturno, as obras a realizar serán as seguintes:

- Luns 10 de agosto: dende as 23,00 ata as 7,00 horas, as obras realizaranse na rúa Polonia, no tramo comprendido entre o enlace da SC-20 e a primeira rotonda. Por tal motivo este enlace da SC-20 quedará cortado ao tráfico e calquera vehículo que queira entrar ao polígono da Costa Vella deberá realizalo dende a entrada existente na rúa de Amio cara á rúa do País Vasco. Os vehículos procedentes de San Lázaro e da autovía de Lugo deberán circular ata a rotonda do Polígono do Tambre para volver e enlazar coa entrada mencionada de Amio.

- Martes 11: as obras afectarán á rúa de Eslovenia, realizando o paso da circulación de maneira alternativa.

Comentarios
Lo más