Domingo sen cambios en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 25 graos
Non se agardan cambios para o domingo, con Galicia na influencia das altas presións con ventos do norte. Así, comezaremos a xornada con nubes baixas na metade norte e mesmo algún orballo no norte da provincia de Lugo e co avance do día os ceos quedarán pouco anubrados ou despexados, con intervalos de nubes altas. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente norte, máis intensos pola tarde.
En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso moderado.