miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Hostalaría denuncia a práctica ausencia de actividades lúdico-culturais que dinamicen a cidade

Hostalaría denuncia a práctica ausencia de actividades lúdico-culturais que dinamicen a cidade
Hostalaría denuncia a práctica ausencia de actividades lúdico-culturais que dinamicen a cidade

A Asociación elaborou un programa global para todo Santiago con propostas para poñer en marcha este verán que axuden a reactivar o sector

A piques de comezar xullo, a Asociación Hostalaría Compostela ve con moita preocupación a práctica falta de actividades de dinamización por parte do Goberno municipal que axuden a paliar os efectos da crise económica ocasionada pola pandemia do Covid-19 e que serían de vital importancia non só para o noso sector, senón para o conxunto da cidade.

Desde a Asociación apuntan que  "xa en pleno período estival, seguimos sen noticias sobre o Plan de Reactivación Cultural que anunciou o alcalde en abril e que ascendía a 2 millóns de euros, xunto co de Turismo", e engaden "Hostalaría Compostela segue, a estas alturas, sen contar con ningún convenio de colaboración co Concello -como si existen con outras asociacións empresariais e profesionais de Santiago- a pesar de ser un dos sectores con maior peso na economía da cidade, pois representa o 20% do noso PIB".

Ante sta situación, a entidade deseñou unha proposta global lúdico-cultural para o conxunto da cidade que xa fixo chegar á Concellería de Cultura e para a que, de momento, aínda non obtivo resposta. "Estamos tamén á espera dunha reunión coa Concellería de Festas para presentarlle dito programa. Imos, así mesmo, a facer traslado desta proposta ao alcalde", sinalan.


Comentarios
Lo más