miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Proposta para resolver as okupacións en tempo breve

Proposta para resolver as okupacións en tempo breve
Proposta para resolver as okupacións en tempo breve

O Grupo Municipal Popular presenta unha moción para apoiar unha iniciativa lexislativa destinada a combater a ocupación ilegal de vivendas no vindeiro Pleno ordinario

O concelleiro do Grupo Municipal Popular, José Antonio Constenla, presentará no vindeiro Pleno ordinario unha moción para apoiar unha iniciativa lexislativa destinada a combater a ocupación ilegal de vivendas. Por elo, demándaselle ao Goberno da Nación e aos grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados, esta iniciativa lexislativa que pretende acadar ao respecto á propiedade privada, unha convivencia veciñal e a protección da seguridade das persoas e cousas nas comunidades de propietarios, sen menoscabo da salvagarda das persoas en situación de emerxencia social ou especial vulnerabilidade habitacional, conforme ao disposto noutras normas vixentes.

Nesta proposta, os Populares tamén inciden na necesidade de reclamar das forzas políticas con representación parlamentaria que dean a súa aprobación a esta iniciativa, por ser de interese xeral e necesaria para corrixir un grave problema de menoscabo da propiedade privada, social e de convivencia.

Así mesmo, pídese que se dea traslado destes acordos ao Goberno da Nación e ás portavocías parlamentarias dos grupos con representación no Congreso e no Senado. Así como á Presidencia da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e a á Xunta.

O Grupo Municipal Popular considera que, ante a crecente e alarmante situación de indefensión que se está a xerar pola ocupación ilegal de vivendas e a necesidade de garantir o dereito á propiedade, a seguridade de persoas e bens e a convivencia social, faise necesario, tal e como se ten posto de manifesto e como de forma reiterada desde o PP viñemos propoñendo a adopción dunha iniciativa lexislativa a nivel estatal que permita, entre outras medidas, o desaloxo por parte da Policía da vivenda ocupada ilegalmente nun prazo de horas, sen necesidade de esperar varios meses como ata o de agora e un reforzo do delito de usurpación que disuada estes ataques contra a propiedade.

Os Populares insisten en que, fronte á pasividade e ata permisividade que se vén manifestando nalgúns ámbitos, a aprobación dunha iniciativa nesta dirección podería evitaría situacións como as que se teñen rexistrado.

Como evidencia da necesidade desta proposta, o Grupo Municipal Popular sinala que, nos últimos tempos, en distintas vivendas de Santiago, en rúas como a de Os Roláns, no barrio de Pontepedriña; en Belvís; na contorna dos barrios do Carme e de San Lourenzo; na Costa do Cruceiro do Gaio e na Algalia de Arriba; ou a máis inmediata ocupación doutras dúas vivendas, novamente, na rúa de Belvís, véñense dando casos deste tipo de forma continuada.

Sinalar que o Concello de Santiago dedicouse durante o pasado mandato a transixir e mesmo “aplaudir” unha usurpación da propiedade que non é xustificable en ningún caso. Como se ten sinalado ao respecto, cando hai unha ocupación ilegal adoita haber un acto delituoso. Non pode ser que unhas supostas políticas de cambio se baseen en considerar a ocupación ilegal como unha situación tolerable ou admisible.

Antecedentes

Na última década acurtáronse substancialmente os prazos xudiciais para o desaloxo de vivendas, pero o problema da ocupación xera alarma na nosa sociedade e o número de vivendas okupadas non deixa de aumentar. Ademais, o fenómeno xerou con frecuencia a instauración de mafias da ocupación e a utilización de moitos destes inmobles para actividades delituosas.

Por elo, faise precisa unha iniciativa lexislativa que aborde, de forma clara, a ocupación ilegal e impedir que os okupas se intenten amparar en regañas legais ou en dereitos que lle asisten ao cidadán que actúa legalmente, para cometer ese atentado contra a propiedade privada . Con ese fin, debería permitirse que as autoridades públicas e os seus axentes interveñan dentro do espazo ocupado para proceder ao desaloxo. De forma que a autoridade pública puidera desaloxar as vivendas ocupadas ilegalmente nun prazo de horas.

Así mesmo, deberían reforzarse as penas asociadas aos delitos de usurpación, para endurecelas e promover a axilización do proceso penal para xulgar este tipo de delincuencia. Tamén sería conveniente a ampliación da reforma dos procesos civís, aprobada en xuño de 2018, para que as persoas xurídicas propietarias de vivendas poidan exercer o seu dereito coa mesma axilidade que as persoas físicas á hora de recuperar a posesión das súas casas.

Para os Populares, a nova normativa debería facultar tamén ás comunidades de propietarios, cando os ocupantes ilegais realicen actividades prohibidas ou incívicas, para garantir a correcta convivencia veciñal. Ademais de considerar nula a inscrición no padrón municipal cando a persoa inscrita sexa un okupa ilegal –contrariamente ao que se mantén na  resolución do 29 de abril de 2020, onde se achegan instrucións técnicas aos concellos na xestión do padrón municipal-,  para o que sería necesario modificar a Lei de Bases de Réxime local.

Esta iniciativa non suporía a regulación dos desafiuzamentos hipotecarios nin de arrendamento, nin tería como obxectivo regular os coñecidos como “precarios” e debería recoller que a nova normativa non ten que ver coa que se ten aprobado para a salvagarda das persoas en situacións de emerxencia social ou especial vulnerabilidade habitacional que teñen a súa protección definida noutras normas xa vixentes.

Comentarios
Lo más