O PP pregunta ao Goberno local sobre o que está a facer no procedemento de contratación da xestión da Escola de Música
Os Populares reclamarán información sobre si o Concello pensa acatar a sentenza do TSXG e darlle cumprimento e si xa se lle fixo unha notificación a Esproade, tal e como indican as recomendacións do director da Asesoría Xurídica
A concelleira do Grupo Municipal Popular, María Antón, preguntará a o Goberno local, no vindeiro Pleno ordinario, sobre que é o que está a facer o Grupo de Goberno no procedemento de contratación da xestión da Escola de Música. Así, os Populares rreclamarán información sobre si o Concello pensa acatar a sentenza do TSXG e darlle cumprimento e si xa se lle fixo unha notificación a Esproade, tal e como indican as recomendacións do director da Asesoría Xurídica.
Antón preguntará tamén sobre os pasos que se teñen dado polo Goberno municipal para iniciar o novo procedemento e, por último, como vai a afectar este novo procedemento ao persoal que presta actualmente servizo na Escola Municipal de Música, ante a evidencia que non se pode incluír a subrogación nin como requisito previo, nin como criterio de adxudicación.
"Desde o Grupo Municipal do Partido Popular, vemos con estupor, como o Goberno municipal, vén dando bandazos sobre esta cuestión e, por iso, demandan respostas a todas estas cuestións", apuntan nun comunicado e engaden que "esta non é primeira vez que o Grupo Municipal Popular se interesa por esta cuestión, xa que esta situación leva en precario desde hai anos".