miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 30 nenos participan no programa de conciliación de Oroso

Máis de 30 nenos participan no programa de conciliación de Oroso
Máis de 30 nenos participan no programa de conciliación de Oroso

Un total de 35 nenos e nenas participan neste mes de xuño no programa gratuíto de conciliación da vida laboral e familiar do Concello de Oroso, con actividades de ocio e deporte.

A iniciativa, organizada de forma conxunta polas concellerías de Deportes, Ensino e Cultura, estaba dirixida a aquelas familias nas que, pola situación laboral do pai e da nai, non puidesen coidar dos seus fillos neste mes e necesitasen unha alternativa.

Os nenos practican actividades deportivas nas que non hai contacto físico e se respectan todas as medidas de prevención, facendo senderismo, patinaxe, hípica, xogos, etc.

O horario é de 08.00 a 14.00 horas, aínda que os pais poden deixar aos nenos desde as 07.30 horas e recollelos ata as 14.30 horas. A recepción é no polideportivo e as actividades no complexo deportivo de Sigüeiro e nas áreas deportivas de Porto Avieira.

“Desde o concello, quixemos darlle unha solución aos pais que teñen que estar presencialmente nos seus traballos; o programa tivo moi boa acolliada, é seguro e respecta todas as recomendacións sanitarias”, afirma Antonio Leira, concelleiro de Deportes de Oroso.

Comentarios
Lo más