miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Continúa a calor en Compostela

Continúa a calor en Compostela
Continúa a calor en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 31 graos

O sábado agárdase predominio da influencia anticiclónica sobre Galicia pero continuaremos con certa inestabilidade atmosférica. Con esta situación, teremos ceos pouco anubrados ou despexados con brétemas costeiras, medrando nubes de evolución no interior durante a tarde, que mesmo deixarán chuvascos treboentos. As temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos. Os ventos soprarán frouxos, do nordés en xeral, máis intensos no litoral norte.

En Santiago agárdase unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán moi altas para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.

Comentarios
Lo más