As temperaturas siguen subindo en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 31 graos
O mércores Galicia continuará baixo influencia anticiclónica, ó que hai que engadir unha entrada de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Deste xeito, os ceos estarán despexados con nubes de evolución no interior do territorio pola tarde, que darán lugar a chuvascos treboentos. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, con máximas que superarán os 30ºC en moitas comarcas. O vento soprará frouxo de compoñente leste, frouxos no interior en xeral,con réxime de brisas nas Rías Baixas e forte do nordés entre Cabo Prioriño e Estaca de Bares.
En Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante, aínda que ocasionalmente tornarán con nubes e claros. As temperaturas serán moi altas para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso moderado. Superaránse os 30 graos este mércores.