miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Grupo Popular preguntará no pleno porque non se repoñen contenedores de lixo

O Grupo Popular preguntará no pleno porque non se repoñen contenedores de lixo
O Grupo Popular preguntará no pleno porque non se repoñen contenedores de lixo

A vicevoceira, María Castelao, preguntará ao Goberno local sobre os motivos polo que, nos últimos tempos, non se repararan e repoñen os moitos contedores de lixo deteriorados no conxunto do Concello e con que frecuencia se viñan limpando

O Grupo Municipal, a través da súa vicevoceira, María Castelao, preguntará ao Goberno local sobre os motivos polos que, nos últimos tempos, non se reparan e repoñen os moitos contedores de lixo deteriorados no conxunto do Concello e tamén pola frecuencia con que se viñan limpando.

Así mesmo, os Populares demandan información sobre si, despois do remate da relación contractual e coa nova orde de continuidade do servizo, o Goberno de Sánchez Bugallo ten algunha capacidade para reclamar o cumprimento das obrigas que non se levaron a cabo pola empresa que durante os últimos anos veu prestando este servizo e que continúa na actualidade.

Antecedentes

Desde hai moito tempo, unha das queixas más frecuentes de gran parte da cidadanía está referida ao estado e a limpeza dos contedores de lixo nos que se depositan os residuos sólidos urbanos (RSU), tanto da zona urbana como do rural. Unha das máis estendidas é a que se refire a deterioro destes elementos, especialmente á rotura dos mecanismos que permiten elevar as súas cubertas, o que crea moitas dificultades para a súa utilización, sobre todo, para as persoas maiores, que en moitas ocasións se vén obrigadas a pedir axuda para depositar o lixo. 

O “contrato de xestión do servizo de recollida de RSU, limpeza viaria, explotación de puntos limpos e mantemento de contedores e papeleiras de Santiago de Compostela” foi adxudicado en 2005 por un período de 10 anos, con posibilidade de prorrogalo por 5 anos máis. Por este servizo, a empresa concesionaria viña a percibir preto de 8 millóns de euros anuais. A vixencia deste contrato rematou o pasado 10 de abril e, uns días antes, o Goberno local acordou ordenar a continuidade do servizo á mesma empresa mentres non se licite e adxudique un novo concurso.

Segundo o prego de condicións técnicas que veu rexendo a contratación da xestión deste servizo nos últimos anos, a empresa adxudicataria estaba obrigada, entre outras moitas cuestións, á revisión periódica do estado funcional e de conservación dos contedores, a substitución ou reparación de calquera compoñente deteriorado e defectuoso e, cando iso non fose posible, á substitución do colector por outro novo. Tamén se sinalaba no prego que os contedores de residuos domiciliarios deberían limparse no exterior e no interior como mínimo unha vez cada mes e cada tres meses no caso dos contedores monomateriais.

Comentarios
Lo más