A Cámara de Comercio de Santiago únese á campaña do selo “Comercio de Confianza”
O distintivo certificará que o establecemento aplica os protocolos sanitarios establecidos na Guía de Buenas Prácticas de la Secretaría de Estado de Comercio
Reactivar a actividade comercial é esencial para iniciar a recuperación da economía tras o parón imposto pola loita contra a pandemia do COVID-19 e para iso é imprescindible que os clientes confíen en que os establecementos ofrezan un entorno seguro.
Por iso a Cámara de Comercio de Santiago únese a iniciativa da Cámara de Comercio de España de poñer en marcha o selo “Comercio de Confianza”, que acredita que os comercios cumpren os protocolos sanitarios e de seguridade establecidos no Protocolo e Guía de Buenas Prácticas de la Secretaría de Estado de Comercio.
Cunha sinxela e rápida tramitación telemática para aportar a documentación requerida e unha declaración responsable de ter elaborado o correspondente Protocolo de actuación en materia de seguridade e hixiene, o comercio obterá un distintivo que acreditará ante os clientes que o establecemento cumpre as normas para proporcionar unha experiencia de compra segura.
A Cámara de Comercio de Santiago poderá levar a cabo verificacións aleatorias tras a emisión do certificado para comprobar o cumplimento do Protocolo presentado pola empresa, que deberá actualizarse en función de novidades que poidan introducirse no Protocolo y Guía de Buenas Prácticas de la Secretaría de Estado de Comercio.
Esta iniciativa poñerase en marcha desde este luns e toda a información podérase descargar na web www.camaracompostela.com.