miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Solicitan ao Concello que impulse a colocación da fibra óptica no rural

Solicitan ao Concello que impulse a colocación da fibra óptica no rural
Solicitan ao Concello que impulse a colocación da fibra óptica no rural


O grupo Municipal Popular cree que esta necesidade resulta cada paso máis urxente, tan e como o reflectía o documento da FERUSA, que lle outorgaba un “carácter inmediato” a esta acción, entre a trintena de medidas que se consideraban prioritarias

O Grupo Municipal Popular, a través da concelleira Ana Sabel, presentará un rogo no próximo Pleno ordinario, para pedir ao Goberno de Sánchez Bugallo que faga as xestións necesarias co fin de impulsar a colocación da fibra óptica na zona rural de Santiago.

Para os Populares, é de máxima prioridade o impulso da fibra óptica no ámbito rural do Concello, polo que consideran que o Grupo de Goberno debe intensificar as conversas e negociacións coas distintas empresas e administracións, implicando os recursos municipais que sexan posibles, para avanzar na conectividade e lograr, canto antes, a extensión da rede internet para o acceso a servizos telemáticos ao conxunto da veciñanza do municipio.

O grupo Municipal Popular cree que esta necesidade resulta cada paso máis urxente, tan e como o reflectía o documento da Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (FERUSA), que lle outorgaba un “carácter inmediato” a esta acción, entre a trintena de medidas que se consideraban prioritarias.

Esta carencia veuse subliñada pola actual crise do coronavirus, posto que remarcou aínda máis, se cabe, esta necesidade, cando se está a falar da conveniencia de longas estancias domiciliarias, co que iso supón para o normal desenvolvemento de distintas actividades e xestións, no terreo da educación, a sanidade, a oferta e demanda de bens e servizos ou o fomento do teletraballo.

Por iso, os Populares insisten en que faise preciso dispoñer dunha axeitada conectividade que hoxe non é posible en boa parte do territorio municipal.

Esta é unha medida complexa na que deben participar as distintas administracións públicas, sobre todo, o Ministerio de Industria e a AMTEGA, tendo en conta que, con carácter xeral, xa que para as empresas subministradoras a extensión da rede no ámbito rural non resulta rendible.

Finalmente, os Populares lembran que a dotación dun acceso á rede internet adecuado ás demandas da poboación e dos tempos é unha das necesidades básicas do ámbito rural do Concello de Santiago, na que coinciden a totalidade dos grupos municipais que a incluíron nas súas propostas programáticas e que aparece contemplada no documento do Pacto polo Rural elaborado pola FERUSA e que foi apoiado polo conxunto da Corporación Municipal.

Comentarios
Lo más