Martes veraniego en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 28 graos
As altas presións continuarán un día máis estacionarias ao norte da península Ibérica, bloqueando a chegada das borrascas atlánticas. Deste xeito agardamos unha xornada de ceo pouco anubrado ou despexado, con nubes de tipo alto que non impedirán o paso do sol. Cara á noite poderán entrar brétemas polo litoral atlántico. As temperaturas estarán sen cambios ou en lixeiro ascenso, polo que de novo marcaremos valores elevados para a época do ano. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable, con réxime de brisas costeiras nas Rías Baixas pola tarde.
En Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexadoss. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán. Este martes alcanzaránse os 28 graos na cidade.