miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Demandan que as persoas maiores desprazadas da residencia ‘Porta do Camiño’ poidan volver

Demandan que as persoas maiores desprazadas da residencia ‘Porta do Camiño’ poidan volver
Demandan que as persoas maiores desprazadas da residencia ‘Porta do Camiño’ poidan volver

Logo de case dous meses de seren desprazadas a un hotel tras a decisión da Xunta de adicar a Residencia de maiores "Porta do Camiño" á atención de persoas afectadas de coronavirus procedentes de residencias privadas, Esquerda Unida demanda que as persoas residentes poidan voltar ao seu fogar.

“Foi un despropósito que se desprazase a un hotel, non adaptado en absoluto, a estas persoas maiores e que, tras case dous meses, cando xa apenas quedan persoas afectadas de coronavirus ingresadas na súa Residencia, a Xunta persista en impedirlles volver ao seu centro” apunta Eva Solla, Coordinadora Nacional de Esquerda Unida.

A agrupación sinala nun comunicado que "un hotel carece das características propias dunha residencia de persoas maiores. Chans esvaradíos, escadas e rampas non adaptadas, bañeiras en vez de duchas e falla de elementos de suxeición fan máis que evidente a ausencia de adecuación para estas persoas e xa provocaron varios accidentes durante estes dous meses".

Ante esta situación, Esquerda Unida entende que é inaceptable manter alí a estas persoas maiores e lembra á Xunta a obriga de velar polos seus dereitos: “Xa non tivo sentido un traslado nestas condicións, expoñendo a persoas maiores fráxiles e vulnerables a todo tipo de riscos para a súa integridade, en vez de utilizar para este fin outro centro social ou sanitario, que estivera baleiro nese momento. Pero,  polo menos, agora que xa se pode dispoñer da súa residencia, acondicionala e desinfectala, solicitamos que se adopte esta decisión e se leve a cabo canto antes para poder devolver ao seu fogar a estas persoas maiores, co obxecto de que poidan ser debidamente atendidas e coidadas.”

“A Xunta deberá dar moitas explicacións por esta xestión da crise. Deberán explicar o traslado de toda unha residencia ocupada, en vez de utilizar un centro social ou sanitario que estivera xa baleiro, así como os motivos para a selección precisamente dese hotel que evidentemente foi un erro, e por que non tiveron en conta a opinión nin do persoal nin das persoas residentes e, sobre todo, por que manteñen esta situación a pesar de tanto erro" sentencia Solla.



Comentarios
Lo más