miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compostela queda baixo influencia anticiclónica

Compostela queda baixo influencia anticiclónica
Compostela queda baixo influencia anticiclónica

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 18 graos

A partir do venres Galicia irá quedando baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos anubrados, con máis nubes canto máis ó norte, onde haberá posibilidade de precipitacións febles. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do nordés, moderados, con intervalos fortes no litoral.

En Compostela vivirase o primeiro día baixo influencia anticiclónica con ceos con nubes e claros que darán paso a unha fin de semana soleada. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso notable.

Comentarios
Lo más