miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Hostalaría insta ao alcalde a cumprir coa flexibilización prometida da reorganización do espazo de terrazas

Hostalaría insta ao alcalde a cumprir coa flexibilización prometida da reorganización do espazo de terrazas
Hostalaría insta ao alcalde a cumprir coa flexibilización prometida da reorganización do espazo de terrazas

Os catro metros de distancia entre mesas e o espazo peonil fan inviable o traballo da práctica totalidade dos locais en Compostela

A Asociación Hostalaría Compostela apunta nun comunicado que o acordo alcanzado co Concello para unha flexibilización da actual normativa das terrazas para poder reorganizar os espazos de xeito que, mantendo a distancia de seguridade exixida entre as mesas, fora posible cubrir o 50% de aforo permitido.. que a realidade é moi distinta. “Atopámonos cunha interpretación restritiva da norma que imposibilita a colocación de ningunha mesa”, sinalan na entidade.

Así, segundo o Decreto de alcaldía aprobado o 8 de maio de 2020 no que se autoriza o incremento da ocupación do dominio público con mesas e cadeiras dos locais de hostalaría, indícase que non só se deben manter os 2 metros de distancia de seguridade por mor do Covid-19, senón tamén outros 2 metros máis para os pasos de tránsito peonil. Iso suma un total de 4 metros, unha distancia que fai totalmente inviable economicamente a apertura na práctica totalidade dos establecementos composteláns, que se afrontan ademais a expedientes con sancións de ata 6.000 euros de non cumprir coa norma.

Hostalaría Compostela solicita diálogo co alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, para poder dar unha solución a esta problemática na maior brevidade posible.


Comentarios
Lo más