Volve a chuvia a Compostela
08:00 09/05/20
08:00 09/05/20
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 18 graos
Xornada marcada pola inestabilidade atmosférica e a chegada dunha fronte fría que nos deixará un día de ceos anubrados e con chuvias, máis probables a partir do mediodía. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable.
En Santiago espéranse ceos con nubes e claros, aínda que ocasionalmente tornarán moi anubrados. Agárdanse precipitacións o sábado pola tarde, o domingo pola tarde e o luns. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso moderado.