miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Rebaixa do 50% nas cotas para xogar coa Escola Deportiva Santiago no curso 2020-2021

Rebaixa do 50% nas cotas para xogar coa Escola Deportiva Santiago no curso 2020-2021
Rebaixa do 50% nas cotas para xogar coa Escola Deportiva Santiago no curso 2020-2021

A Escola Deportiva Santiago xa ten aberto o prazo de inscrición para a vindeira tempada. Conscientes das dificultades que están pasando moitas familias pola crise do Covid-19, e seguindo a nosa filosofía fundacional de realizar unha labor social, a Xunta Directiva decidiu rebaixar as cotas para os seus deportistas nun 50%.

Así, a cota anual para os equipos de fútbol e de fútbol sala será de 100 euros (puidendo fraccionar o pago en 25 euros no momento da inscrición e 75 euros en setembro, no caso de fútbol, ou en outubro, no caso de fútbol sala).

Pola súa banda, a cota anual por asistir ás dúas modalidades (fútbol + fútbol sala) será de 150 euros (puidendo fraccionar o pago en 25 euros no momento da inscrición, 75 euros en setembro e 50 euros en novembro).

Ademais, hai descontos do 50% para irmáns e familias numerosas. E un desconto do 30% en todos os Campus que organice a Escola durante o ano para todos os seus xogadores e xogadoras.

A estes prezos hai que sumar o pago das equipacións que son de 85 euros no caso de fútbol (camiseta +pantalón + medias + chandal + chubasqueiro + sudadeira + bolsa) e 45 euros para o fútbol sala (camiseta + pantalón + medias + chandal).

Aqueles interesados en anotar aos seus fillos e fillas, que deben ter entre 4 e 14 anos de idade, poden cubrir a seguinte folla de inscrición e enviala ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com

Folla de inscrición 20-21

Comentarios
Lo más