Novos cortes de tráfico este venres en Compostela
06:30 08/05/20
06:30 08/05/20
Por mor de obras de Viaqua
Con motivo da obra para arranxar unha arqueta por parte de Viaqua, o carril de servizo da avenida do Cruceiro da Coruña, sentido saída da cidade, quedará cortado ao tráfico mañá venres 8 de maio, dende as 9:00 ata as 12:00 horas.
Transporte urbano
A consecuencia deste corte, os servizos da liña 1 do transporte urbano, en sentido Boisaca, comprendidos entre as 9:00 e as 12:00 horas, desviaranse pola vía principal dende a rúa de San Caetano ata a rotonda de Meixonfrío.
Quedarán suprimidas neste horario as seguintes paradas: 545, Salgueiriños de Arriba nº 24; 546, Salgueiriños de Arriba nº 52; e 74, avenida do Cruceiro da Coruña (cruce Mallou).