O PP solicita prazas de aparcamento exprés gratuíto na zona ORA e Cs que continúe a gratiudade
O Grupo Municipal Popular e Ciudadanos Santiago reaccionan ó anuncio do Concello de reactivar o cobro o luns
O Grupo Municipal Popular solicítalle ao Concello a implantación dunha oferta de prazas de aparcamento exprés e gratuíto en todas aquelas rúas onde se aplica a ordenanza reguladora do aparcamento (ORA), coa finalidade de facilitar o estacionamento ao conxunto dos cidadáns por un tempo máximo de 15 ou 20 minutos. Esta reserva viría a incrementar o escaso número de prazas exprés gratuítas que existen xa nalgunhas rúas, estendendo esta posibilidade de espazos para que a cidadanía poida realizar compras, recoller encargos nos establecementos de hostalaría e realizar distintas xestións nas empresas de servizos da cidade.
Ante a decisión do Goberno Municipal de recuperar o pagamento por aparcar nas rúas da cidade -con excepción das áreas de estacionamento do Campus Sur, Pontepedriña e Conxo- mentres continúan os importantes condicionantes sociais e económicos derivados da crise sanitaria actual, o voceiro do Grupo Municipal, Alejandro Sánchez-Brunete, declarou que “o máis urxente agora non é volver a cobrar indiscriminadamente a O.R.A senón garantir a rotación, algo que tamén se pode facer con prazas de estacionamento exprés e gratuíto”.
En todo caso, de manterse o propósito do Goberno local, os Populares solicitan “cando menos” que se facilite, coa súa promoción, o uso da aplicación móbil que habilita a estancia nas prazas da ORA, toda vez que esta opción redundaría nun incremento da hixiene e na prevención de contaxios ao evitar a manipulación dos parquímetros situados na beira das rúas.
Pola súa banda, O secretario de Cs Santiago de Compostela, Miguel Freiría, recordou que o pasado 16 de marzo solicitaron ao Concello a supresión do pago da ORA na zona azul durante a vixencia de todo o estado de alarma. ”Dicha medida fue llevada cabo, pero tras las declaraciones del concejal de movilidad realizadas ayer, nos parece muy precipitada la decisión del Ayuntamiento de iniciar el cobro del servicio ORA en varios puntos del centro de la ciudad, y más teniendo en cuenta la ampliación del estado de alarma tras la sesión parlamentaria llevada cabo esta mañana en Madrid”.
Freiría sinalou que en Ciudadanos “creemos que es importante mantener la gratuidad de este servicio de aparcamiento para facilitar el desplazamiento en vehículos personales de los trabajadores y para evitar aglomeraciones en el transporte público”. Por iso “solicitamos de nuevo al Alcalde la ampliación del servicio gratuito hasta que el estado de alarma finalice y se pueda retomar la actividad normal de la ciudad”.
Para finalizar, asegurou que son momentos difíciles nos que a Administración Pública ten que poñerse ao servicio dos cidadáns e os veciños da cidade. “Con la actual crisis económica que estamos viviendo estamos seguros de que mantener la gratuidad del servicio de estacionamiento regulado supondrá un pequeño alivio para los del bolsillos de los Santiagueses”.