'Rois cociña na casa' bota a andar cunha receita de Delia Mella, da Asociación de Mulleres Rurais de Urdilde
A actividade promovida polo Concello quere por en valor a cultura e iniciativa culinaria da veciñanza
Rois celebra no mes de maio as festas patronais do Santo Isidro. Este ano 2020, por mor da pandemia da COVID-19, suspendéronse todas as actividades. Pero non por iso a veciñanza deixa de estar activa. Dende o Concello púxose en marcha una nova actividade, 'Rois cociña na casa',coa finalidade de dar a coñecer a iniciativa culinaria da veciñanza.
Delia, socia da Asociación de Mulleres Rurais de Urdilde, é a primeira en participar neste proxecto, ensinando como facer un exquisito biscoito a través dun vídeo que se pode ver na páxina web e nas redes sociais do Concello.
Persoas que forman parte de asociacións municipais van ensinar nos vindeiros días deliciosas receitas de todo tipo para que fagamos nas nosas casas. O Concello de Rois agradece o traballo a todas elas e, ademais, anima a todas aquelas persoas que queiran participar a gravar un vídeo no que se amose tanto o proceso como o resultado final da elaboración. O vídeo pódese gravar cun teléfono e despois envialo ao enderezo electrónico cultura@rois.es