Orientación Laboral da USC ofrece asesoramento por videoconferencia
Este servizo da USC continúa desenvolvendo a súa actividade habitual de modo telemático solicitando cita a través de enderezo electrónico
Malia a actual situación de confinamento, a Área de Orientación Laboral da USC continúa a resolver todas as dúbidas do alumnado de modo telemático. A través do enderezo orientació é posible solicitar cita para recibir asesoramento laboral a través de videoconferencia.
"Resolvemos dúbidas puntuais sobre programas de prácticas de iniciación á empresa, formación especializada e complementaria, saídas profesionais, elaboración do crrrículo, busca de emprego, así como recursos para buscar traballo como portais de emprego, boletíns, Linkedin e outras redes", explica a técnica deste servizo Purificación Torrente Sánchez. Asemade, e a través de videoconferencia, atenden ao alumnado que quere entrevistas de orientación laboral porque "teñen consultas máis longas sobre estas temáticas ou precisan apoio para iniciar o seu proxecto profesional de acceso ao emprego", afirma.
"Ademais estamos preparando unha serie de videopresentacións sobre programas de prácticas que iremos publicando próximamente", engaden.A elaboración e publicación do boletín de información profesional BIP, así como a recepción e difusión de ofertas de emprego, prácticas e de toda aquela información de interese a través da páxina web da Área de Orientación Laboral e das súas redes sociais son outras das actividades que está a levar a cabo a Área.