miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sen cambios no tempo en Compostela

Sen cambios no tempo en Compostela
Sen cambios no tempo en Compostela

 As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 19 graos

O martes quedaremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con circulación do suroeste que afastará o aire cálido de Galicia. Así, agárdase unha xornada con ceos pouco anubrados no leste, e con ceos moi anubrados e chuvias febles na fachada atlántica. As temperaturas sufrirán un descenso moderado. Os ventos soprarán moderados de compoñente sur, baixando de intensidade co avance do día.

En Santiago agárdase unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. Haberá precipitacións sobre todo o pola mañá. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que ascenderán moderadamente.

Comentarios
Lo más