miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O papel das novas tecnoloxías durante e despois da pandemia da COVID-19, a análise nun foro virtual promovido pola USC

O papel das novas tecnoloxías durante e despois da pandemia da COVID-19, a análise nun foro virtual promovido pola USC
O papel das novas tecnoloxías durante e despois da pandemia da COVID-19, a análise nun foro virtual promovido pola USC

O seminario internacional moderado pola catedrática Lourdes Mella desenvólvese este mércores 6 en liña , a partir das 16.00 horas, na canle Youtube.com/ipojur

A catedrática de Dereito do Traballo da USC Lourdes Mella Méndez moderará este mércores 6 de maio, a partir das 16.00 horas, o seminario internacional ‘O papel das novas tecnoloxías durante e despois da pandemia’, unha sesión de análise e debate promovida ao abeiro da comunidade para a investigación e o estudo laboral e ocupacional Cielo Laboral, que coordina esta docente da USC, e que poderá seguirse en liña a través da canle Youtube.com/ipojur.

Este foro virtual, no que tamén participará como moderador o director executivo de Ipojur, Fabiano Zavanella, contará como relatores coa directora xeneral da patronal das grandes empresas tecnolóxicas e telecomunicacións DigitalES, Alicia Richart, así como co responsable da análise de políticas públicas do Observatorio Nacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información (Ontsi) no organismo público Red.es.

A profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Universidade de Castela A Mancha e investigadora principal do proxecto ‘Digital Work’, Luz Rodríguez, completará a quenda de relatores convidados a tomar parte neste seminario en liña, que tamén se poderá seguir por Youtube, a partir das 11.00 horas, desde Brasil.

Comentarios
Lo más