Hostalaría Compostela demanda a ampliación do espazo de uso para terrazas •
A Asociación solicita a creación dunha comisión co Concello para estudar posibles modificacións na normativa
A Asociación Hostalaría Compostela valora positivamente a decisión do Goberno central de ampliar dun 30 a un 50% a capacidade das terrazas de bares e restaurantes cando comece a fase 1 do desescalado, o vindeiro 11 de maio. Sen embargo, considera que todavía segue sendo inviable económicamente para os negocios da cidade. Ademais, hai que ter en conta que moitos locais nin sequera contan con terrazas.
Por iso reclama que, mentres se manteñan a limitación de capacidade dos locais e as medidas de seguridade que establezan maior separación entre persoas, se estuden solucións que flexibilicen a normativa de terrazas para minguar o impacto.
Así, para poder debatir cuestións como a ampliación das mesas e cadeiras, Hostalaría Compostela solicita a creación dunha comisión específica entre Concello e sector que se constitúa na maior brevidade posible.