Varios cortes de tráfico esta semana por mor de obras
Sinalizaranse os desvíos alternativos para a entrada ao Hospital Clínico.Con motivo das obras que se están a realizar na rúa do Castro, esta quedará cortada ao tráfico o mércores 6 de maio.Así mesmo, con motivo de traballos por parte de Viaqua, este mércores 6 de maio, entre as 9:00 e as 13:00 horas, permanecerá cortado ao tráfico o vieiro de sentido único da Pontepedriña, paralelo á rúa do Restollal, que une este barrio (rotonda inferior) coa rotonda de Clara Campoamor.
Con motivo de obras de mellora do firme da calzada, a rúa da Cantaleta vai quedar cortada ao tráfico mañá martes 5 e o mércores 6 de maio, entre as 8:30 e as 15:00 horas. Sinalizaranse os desvíos alternativos para a entrada ao Hospital Clínico.
Con motivo das obras que se están a realizar na rúa do Castro, esta quedará cortada ao tráfico o mércores 6 de maio.
Así mesmo, con motivo de traballos por parte de Viaqua, este mércores 6 de maio, entre as 9:00 e as 13:00 horas, permanecerá cortado ao tráfico o vieiro de sentido único da Pontepedriña, paralelo á rúa do Restollal, que une este barrio (rotonda inferior) coa rotonda de Clara Campoamor.
Transporte urbano
Os servizos en sentido centro cidade das liñas 6, 12, C6 e P3 comprendidos entre as 9:00 e as 13:00, despois de realizar a parada 370, Paxonal nº 29-31, desviaranse pola vía principal ata a rotonda de confluencia con Clara Campoamor.
Quedará suprimida nese horario a parada 369, Paxonal (rot. rúa Canfranc).