miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Concello retoma a obra de Concheiros para non perxudicar máis a comerciantes e hosteleiros

O Concello retoma a obra de Concheiros para non perxudicar máis a comerciantes e hosteleiros
O Concello retoma a obra de Concheiros para non perxudicar máis a comerciantes e hosteleiros

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta este luns dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local. Entre eles figurou o levantamento da suspensión e, en consecuencia, a continuidade do expediente de contratación da obra da rúa dos Concheiros, interrompido no seu día a raíz da declaración do estado de alarma.

Segundo anunciou o rexedor, nos vindeiros días publicarase nos boletíns correspondentes e sairá á licitación para a presentación de ofertas. Cómpre lembrar que esta actuación está incluída na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado- EDUSI, e ten un tipo de licitación de 2.651.608,87 euros (IVE incluído).

Sánchez Bugallo explico que o levantamento da suspensión deste expediente vai avalado con dous informes: un elaborado por Promoción Económica que incide nos graves danos que para o comercio e a hostalaría tería a demora desta actuación durante o ano 2021, e outra do departamento de Obras sobre a necesidade de "acompasar esta obra de Concheiros coa que a Xunta está executando na avenida de Lugo".

Bolardos e elementos de control
A Xunta de Goberno tamén deu continuidade ao expediente para a subministración e posta en marcha de bolardos e elementos de control da accesibilidade no casco histórico. Esta actuación está incluída no proxecto Smartiago

. 

Comentarios
Lo más