miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Acabouse o día baixo o sol, volven as chuvias

Acabouse o día baixo o sol, volven as chuvias
Acabouse o día baixo o sol, volven as chuvias

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 21 graos

Un centro de baixas presións localizado entre os Azores e a península Ibérica achegará aire frío en altura e unha fronte fría, polo que aumentará a inestabilidade atmosférica. Agardamos unha xornada de chuvascos, máis probables pola tarde, que poderán ser puntualmente fortes e vir acompañados de sarabia e aparato eléctrico. As temperaturas serán elevadas, particularmente as mínimas; durante a tarde notarase un descenso no oeste. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos pola mañá e moderados, con intervalos fortes nas Rías Baixas, pola noite.

En Compostela agárdase  unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros, aínda que ocasionalmente poderán atoparse pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o luns pola tarde e noite. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso notable.

Comentarios
Lo más