miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Protección Civil repartiu mil máscaras na praza de Abastos este sábado

Protección Civil repartiu mil máscaras na praza de Abastos este sábado
Protección Civil repartiu mil máscaras na praza de Abastos este sábado

No reparto estiveron presentens o alcalde, Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños,

O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, visitaron este sábado a praza de Abastos. Nesta xornada, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil repartiron 1.000 máscaras a clientes e vendedores.

A praza de Abastos está a implementar unha serie de medidas para facer fronte aos contaxios por COVID-19. Neste sentido, o aforo está limitado nas naves 2, 3, 6 e 7 a 32 persoas, e nas naves 1, 4, 5 e 8 a 43. No caso das naves 3 e 4 péchase a entrada ás mesmas dende o corredor principal e faise a entrada e saída controlada por persoal, dende o corredor máis próximo á igrexa de San Fiz. 

Comentarios
Lo más